Historia

A Semana da Ciencia ao longo do tempo

A historia da Semana da Ciencia é breve, comenzamos no curso 2000-01 e levamos realizadas cinco edicións:

  • * I SEMANA DA CIENCIA (maio 2001)
  • * II SEMANA DA CIENCIA (maio 2002)
  • * III SEMANA DA CIENCIA (maio 2003) Premio Innovación e Premio Educacompostela
  • * IV SEMANA DA CIENCIA (maio 2004)
  • * V SEMANA DA CIENCIA (maio 2005)

Para este curso estamos a preparar a VI SEMANA DA CIENCIA (maio 2007). Participamos tamén na IX e X edicións do Día da Ciencia na Rúa (A Coruña) durante os cursos 2003-04 e 2004-05.

Se ben como diciamos a nosa historia é breve, sí que é o suficientemente rica en experiencias e sensacións como para poder facer unha serie de reflexións para compartir con todas as personas interesadas na educación e divulgación científica, que pasamos a relatar. Fagamos, pois, un pouco de memoria:

Cando no curso 2000-01 o profesor de CCNN do IES nº1 de Ribeira, Luis Peña Rodríguez, propuxo nunha reunión de Departamento realizada a mediados de febreiro, deseñar e organizar un proxecto deste calibre, os compañeiros pensamos que era un idealista por pretender algo utópico e irrealizable nun centro escolar non especialmente dotado de medios e infraestructuras. Unhas semanas máis tarde decidimos afrontalo aunque debemos recoñecer que o faciamos cun certo escepticismo xa que non tiñamos nada que perder.

Pouco a pouco o entusiasmo foise apoderando de nós, especialmente ao comprobar a ilusión que a idea espertaba nos alumnos e que a imaxinación e o traballo podían suplir a falta de medios. O proxecto materializóuse a finais de maio coa participación de todos os profesores de ciencias e doutros departamentos, así como un numeroso e entusiasta grupo de alumnado de todos os niveis educativos.

A I Semana da Ciencia celebrouse no antigo Salón de Actos co programa seguinte:

tabla

Non cremos necesario sinalar que o éxito foi rotundo, maior do agardado, a semana da ciencia converteuse durante eses días no centro de atención da comunidade escolar, cidadáns e medios de comunicación locais que se volcaron con nós, gratamente sorprendidos polo elevado grado de protagonismo dos rapaces na transmisión de coñecemento.

O enfoque da II Semana do ano 2002 foi xa distinto, dalgún xeito estabamos curtidos e tranquilos, implicáronse máis profesores e alumnos-monitores e a satisfacción de todos era evidente. Preparamos as experiencias con máis calma e decidimos, ante a sorpresa de moitos que crían que ibamos facer o mesmo do ano anterior, non repetir nunca as actividades, pero mantendo un patrón de deseño semellante.

Segunda semana da ciencia

O curso 2002-03 marcou un importante punto de inflexión na concepción e materialización da Semana da Ciencia, que se convertiu, como sinalou un locutor dunha radio local, nun clásico da comarca.

En primeiro lugar cambiamos de escenario, pasamos do vello e pequeño Salón de Actos ao novo Ximnasio, local luminoso e de maiores dimensións. Agora tiñamos a obriga de innovar e superarnos e cremos que o conquerimos:

  • Terceira semana da ciencia

O novo local esixía máis contidos e unha decoración máis vistosa. Consecuentemente aumentamos o número de casetas e participaron moitos máis alumnos-monitores, as exposicións adquiriron maior relevancia e introducimos presentacións multimedia de realización propia.

Por outra banda este curso académico coincidiu con dous acontedementos de moi distinta índole: a celebración do 50 aniversario do descubremento da estructura do ADN e o desastre ecolóxico do Prestige. Decidimos telos moi presentes.

Así, o logo escollido foi a molécula de ADN e unha experiencia foi: Observa o teu ADN, mentras que a catástrofe do Prestige protagonizou exposicións e documentais multimedia:

“Cadea Humana” e “Prestige: Problemática Medioambiental “(I PREMIO EDUCACOMPOSTELA 2003).

O Departamento de CCNN foi asimesmo galardonado co II PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN pola totalidade do proxecto.

As principais innovacións introducidas nas sucesivas edicións foron os obradoiros, comenzamos polo Obradoiro de Xadrez incorporado na IV Semana (maio 2004) e na V Edición engadimos outro sobre Botánica.

Semana IV V da ciencia
Agradecemento

Non queriamos finalizar este breve percorrido pola nosa historia sen manifestar o noso máis profundo agradecemento a tantas personas que participaron ao longo destes anos nas sucesivas edicións da Semana da Ciencia, e ás que están comprometidas para este curso: equipos directivos, normalización lingüística, personal non docente, visitantes e medios de comunicación, e moi especialmente ao numeroso grupo de alumn@s e profesor@s dos Departamentos de CCNN, Física-Química, Tecnoloxía, Matemáticas, Debuxo e Xeografía, que adicaron e adican o mellor de sí mesmos a facer realidade este proxecto.

Pola mesma razón agradecemos a todo o Equipo Climántica e Consellería de Medio Ambiente a inestimable axuda e entusiasta colaboración coa realización da VI Semana da Ciencia e da cal presentamos programa noutro capítulo.