A enerxía que necesitamos vén do Sol

Aínda que estas formas de obter a enerxía ás que estamos habituados son moi complexas e teñen un nivel de agresividade tal para co Planeta que poden poñer en perigo a nosa continuidade como especie, a enerxía está presente en todas as cousas que hai ao noso redor e, na súa maior parte, ten a súa orixe última na enerxía do Sol.

unidad02

unidad02

Hai enerxía no vento que sopra, nas ondas do mar, nas augas dos ríos que flúen cara ao mar, ou enerxía potencial na auga que está almacenada nun encoro, na auga que ferve nunha pota. Pero se esa auga chega a ferver é porque hai enerxía na leña, no carbón, no petróleo ou no gas coa que a quentamos, que, en última instancia, procede da transformación de enerxía solar en enerxía química polo proceso da fotosíntese. Tamén pode ser que esa auga a quentemos con resistencias eléctricas incandescentes, pero esa electricidade circula grazas á enerxía que contiña o carbón ou o petróleo das centrais térmicas, ou o uranio das centrais nucleares, o vento dos aeroxeradores, ou a auga que cae sobre a turbina das centrais hidráulicas.

A radiación electromagnética do Sol é de varios tipos. A parte visible é capaz de provocar o proceso de fotosíntese do que recibimos a enerxía que precisamos os seres vivos. A radiación incide sobre os corpos, parte dela é absorbida e, como consecuencia, o corpo quece e emite calor (radiación infravermella).