Efectos do cambio climático en ecosistemas terrestres de Galicia

Estas condicións van marcar un aumento das condicións da seca en febreiro–marzo, mentres que as condicións máis húmidas se ven favorecidas nos meses de xullo e agosto.

Unidad 2

Os índices meteorolóxicos analizados de perigo de incendios forestais evidencian claramente unha tendencia cara a un significativo empeoramento das condicións de inicio e de propagación do lume en Galicia nos últimos decenios. Podemos dicir, polo tanto, que ademais doutras utilidades as variacións nestes índices tamén reflicten o cambio climático en Galicia. Do estudo dos incendios nos últimos 40 anos conclúese o agravamento da situación de perigo en marzo e xuño, ademais dun incremento constante na típica época estival de maior risco (de xullo a setembro). Xa que logo, advírtese unha expansión e unha temporada de incendios que se iniciará máis cedo.