Sistemas de depuración de augas residuais con macrofitas
Publicado Venres 30 de Marzo de 2012 ás 00:00 en Climántica |
0 comentarios
Está publicado en Climántica TV o vídeo da conferencia – coloquio impartida por Diego Rey Quintana sobre a depuración de augas residuais con macrofitas, mediante os tipos de sistemas baseados nos sistema de macrofitas emerxentes que se explican no capítulo 8 do libro da terceira etapa de Climántica Auga e cambio climático. Este relator expuxo as bases técnicas do sistema de depuración con macrofitas que desenvolveu dentro do proxecto I+D+i Hidrolution, posto en marcha por Vicente Torres Junco.
O enxeñeiro Rey, destacou as vantaxes do sistema en relación ás tecnoloxías convencionais, subliñando que non ten custo enerxético, ao usar plantas que inxectan osíxeno atmosférico á auga. Trátase dun sistema desenvolto con macrofitas emerxentes do xénero Typha. Baseándose nas bases morfolóxicas, histolóxicas e fisiolóxicas; fundamentou como estas plantas dispoñen dunha membrana que é capaz de transferir de xeito selectivo o osíxeno atmosférico, dende o medio máis concentrado (21% na atmosfera) ao medio anóxico propio das augas contaminadas.
Explicou como os sistemas se montan sobre unhas estruturas que facilitan a flotación da planta, para que non perda enerxía en manter a verticalidade. Co tempo, desenvolven un armazón radicular de tal densidade, que permite, ao cabo de 3 anos, desprazarse sobre a superficie sen necesidade de mollar os pés.
En relación á actuación destas plantas nos sistemas que poñen en marcha imitando os procesos naturais, diferenciou tres substratos:
En relación á superficie necesaria, aportou o dato de que chega con un m2/habitante, e apoiándose nel, defendeu este sistema como moi interesante para un territorio con dispersión da poboación, como é o caso de Galicia. Sinalou tamén que se trata dun sistema que non requiría da separación entre augas da pluviometría das dos colectores, porque o aumento e diminución do nivel, non afecta ao funcionamento do sistema, dado que os microorganismos están asociados ás raíces.
Fixo referencia tamén aos diferentes sistemas que están a desenvolver, destacando sobre todo 3 modelos:
En relación a estes últimos, dixo que os lagos de África en xeral están contaminados por augas residuais, e aínda así, a xente úsaos para bañarse e beber. Por iso a súa intervención busca mellorar de xeito eficaz a calidade desas augas. Para conseguilo, montan illas flotantes de macrofitas nos puntos onde ocorren os vertidos. En relación a estas intervencións, referiuse á importancia das intervencións en África na liña de aportar á depuración de augas residuais unha dimensión potabilizadora; porque a xente consumía as augas contaminadas. Puxo como exemplo o que ocorre nas ribeiras do río Níger, onde a xente consume a auga do río moi contaminada con metais pasados, e a esperanza de vida está nos 40 anos.
En relación á depuración de augas residuais con produtos químicos, sinalou que pode requirir dunha arqueta na entrada á depuradora; porque as augas son tóxicas, pode afectar ao desenvolvemento. Por iso nestes casos combínase co sistema de depuración clásico.
En definitiva, o enxeñeiro Rey expuxo con detalle, tanto na conferencia como no amplo coloquio, os fundamentos polos que este tipo de sistema non presentan gastos enerxéticos, e tampouco producen lamas no proceso de degradación de materia orgánica; superando así dúas desvantaxes dos sistemas convencionais.

- Inferior no que decanta a materia orgánica más densa e no que non existe osíxeno, e por tanto no que se producen procesos anaerobios e fermentativos.
- Superior, ou substrato flotante, que é rico en osíxeno atmosférico aportado polas raíces das plantas.
- Zona facultativa intermedia, que favorece a interacción aerobia e anaerobia, que a fai moi reactiva; e por tanto non xera niveis significativos de lamas e malos olores.
En relación á superficie necesaria, aportou o dato de que chega con un m2/habitante, e apoiándose nel, defendeu este sistema como moi interesante para un territorio con dispersión da poboación, como é o caso de Galicia. Sinalou tamén que se trata dun sistema que non requiría da separación entre augas da pluviometría das dos colectores, porque o aumento e diminución do nivel, non afecta ao funcionamento do sistema, dado que os microorganismos están asociados ás raíces.
Fixo referencia tamén aos diferentes sistemas que están a desenvolver, destacando sobre todo 3 modelos:
- En balsas, que se dispoñen onde non hai nada previamente, e neste caso constrúense uns sistemas graduados de balsas.
- Depuradoras recicladas. En depuradores convencionais que se abandonan cando non se ten medios para mantelas. O que se fai é plantar nos tanques da depuradora.
- Illas en lagos, un sistema que usan nos proxectos de axuda ao desenvolvemento que se están levando a cabo en África.