Situación actual mundial do consumo

O consumo de bens nas sociedades industrializadas non fai máis que medrar desde hai décadas. Por un lado, a cidadanía compra e consome cada vez máis, considerando os seus bens materiais e un confort excesivo como símbolos dos seus dereitos e da súa calidade de vida. Por outro lado, e de forma paralela, as empresas potencian este aumento na demanda de bens e servizos e basean a súa viabilidade nun aumento continuo dos seus ingresos e da súa produtividade.

Este afán consumista por parte da cidadanía e a necesidade de continuar crecendo por parte das empresas tradúcese nun aumento exponencial no consumo de enerxía.

Unidad 2

Na actualidade, os países ricos son os grandes consumidores de enerxía, mentres que os países mais pobres consomen moi pequenas cantidades da mesma, pero os expertos indican que isto vai ir cambiando, xa que o aumento de poboación nos países pobres e unha mellora paulatina das súas economías vaise traducir nun aumento implícito no seu consumo de enerxía.

Segundo o informe elaborado pola Energy Information Administration (EE UU Government) no 2005 e 2007, o consumo de enerxía no mundo entre o 2004 e o 2030 vaise incrementar nun 57%, a pesar da suba nos prezos das fontes de enerxía non renovables, como o petróleo e o gas natural. Isto débese ao aumento regular no consumo enerxético dos países ricos, e especialmente ao grande incremento deste consumo nos países pobres, pois a poboación nos países non desenvolvidos está a medrar de forma considerable ao tempo que o fai a súa industrialización, por iso se fala de economías emerxentes.