A enerxía da Terra

Provén da calor interna do planeta, que acompaña á Terra desde a súa orixe e se pon de manifesto en moitas ocasións de xeito violento, con volcáns e terremotos, ou con menor intensidade, formando geyseres ou fontes termais. O potencial xeotérmico almacenado nos dez primeiros quilómetros da codia terrestre supera con moito as reservas mundiais de combustibles fósiles, pero soamente unha pequena parte se pode aproveitar polo ser humano coas técnicas actualmente dispoñibles.

Das potencialidades xeotérmicas de Galicia falan moi ben as numerosas fontes de augas termais repartidas por toda a xeografía e usadas con fins terapéuticos desde sempre.

Unidad 2

Para a produción enerxética só a provincia de Ourense ofrece unhas perspectivas futuras viables nos apartados de calefacción e quentamento de auga.

Hai dous tipos de aproveitamento da enerxía xeotérmica:

  • Explotacións a baixa temperatura: para a calefacción de vivendas, granxas e invernadoiros.
  • Xacementos de alta temperatura: para a produción de electricidade.
    Dentro desta última modalidade, destacan as explotacións a grandes profundidades de “rocha seca quente”, existindo recursos moi importantes deste tipo nas illas Canarias de Lanzarote e La Palma.

As enerxías renovables están chamadas polo tanto a desempeñar un gran papel no futuro enerxético da Humanidade, e no caso concreto da nosa comunidade autónoma galega o seu peso na produción de enerxía eléctrica xa é considerable e está a incrementarse constantemente, o que non fará máis que asentar definitivamente a importancia enerxética de Galicia dentro do estado español e da Unión Europea.