Unha enerxía con historia

O vento xa se usaba como forza motriz dos barcos de vela hai 5000 anos polos exipcios. Tamén de moi antigo data o seu uso para moer gran nos muíños. Na actualidade, as técnicas da moderna tecnoloxía eólica souberon adaptar eses saberes tradicionais para a produción de electricidade a grande escala, ata situar a Galicia como a comunidade cunha maior produción de enerxía eólica dentro do estado español.

Unidad 2