A obtención de electricidade coa enerxía eólica

Un dos primeiros parques eólicos instalados foi o de Estaca de Bares (Mañón, A Coruña), composto por doce aeroxeradores de 30 kW de potencia cada un, que podían chegar a unha produción total próxima ao millón de kWh anuais.

Unidad 2

A instalación dun parque eólico realízase en varias etapas, entre as que están o estudo meteorolóxico do réxime de ventos e a avaliación do impacto ambiental que pode producir a súa instalación en zonas altas de gran fraxilidade ecolóxica e paisaxística. Estes riscos pódense incrementar coas tecnoloxías off-shore (parques eólicos mariños), se non se establece unha adecuada planificación e control.

Unidad 2

A evolución deste recurso vai ligada ao incremento da potencia dos equipos, e xa se están construíndo prototipos de potencia superior aos 1000 kW.