Seminario de José Rivas Rey dentro do curso CCMC no proxecto Climántica
Publicado April 29, 2010 00:01 en Climántica |
0 comentarios
Xa se pode ver en ClimánticaTV o vídeo do seminario sobre nanotecnoloxía impartido o día 30 de xaneiro de 2010 por José Rivas Rey, Director do Centro Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga (Portugal).
O termo nanotecnoloxía acúñase en Xapón no ano 1974 pero a clave desta tecnoloxía está nos anos 80 cando se diseña un microscopio de alta definición scanning tunneling microscope. O ámbito de traballo da nanotecnoloxía está no rango de medida dos 10-6 e 10-9 metros. Esta tecnoloxía comeza coa mecánica cuántica, o paso entre a ciencia clásica e a mecánica cuántica é a nanotecnoloxía. Ernst Mach en 1900 dicía que era imposible tocar ou sentir os átomos pero posteriormente foi Richard Feynman quen en 1959 propón que non hai nada que prohiba manipular os átomos.
Podemos dicir que estamos próximos a unha revolución industrial donde a nanotecnoloxía parece que pode ter un papel relevante. A mezcla dos sistemas biolóxicos coa electrónica a medicina e o coidado da sociedade civil pode levar ao disparo desta próxima revolución industrial. A nanotecnoloxía influe en todos os campos relacionados coa industria e a sociedade (comunicacións, información, enerxía, saude...). Nos próximos anos existirá un avance importante en nanocompostos, nanomembranas e máis a longo prazo na electrónica molecular.
Cada vez máis, temas como a seguridade e o cambio climático van ser máis importantes que o crecemento económico. A nanotecnoloxía traballa tamén no plano enerxético en supercondutores, sistemas de novos catalizadores, almacenamento de enerxía. Outros sectores de gran importancia é o do transporte e a nanotecnoloxía aporta solucións tanto en nanomateriais máis lixeiros, menor consumo e a seguridade. Quizais sen decatarnos utilizamos a nanotecnoloxía na vida cotiá, xa que por exemplo a industria cosmética utiliza microemulsións. No plano negativo podemos aportar peligros no descontrol na utilización destos materiales dos que coñecemos as súas propiedades macroscópicas pero descoñecemos o seu comportamento a nanoescala. Pensemos que existen sistemas naturais que xeneran nanopartículas como poden ser os incendios forestais, os volcáns, etc...pero tamén as emisións dos avións ou das industrias que teñen risco para a saúde humana.
A nanotecnoloxía vai precisar nun futuro non moi lonxano de bos profesionais de diversas disciplinas: enxeñeiros, físicos, químicos, biólogos...Estes traballarán en equipos multidisciplinares unindo o mundo académico co empresarial. Un exemplo é o Centro Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga, que pretende ser un centro onde prime a internacionalización, excelencia e multidisciplinaridade.