Novo curso sobre as dimensións transversais ambientais das Ciencias da Terra
Publicado January 23, 2012 00:00 en Climántica |
0 comentarios
Aproveitando a oportunidade que supón a visita a Galicia do vulcanólogo fundador da AEPECT e colaborador habitual do proxecto Climántica, Francisco Anguita Virella, propúxoselle o deseño, preparación e impartición deste novo curso. Para facelo, pedíuselle que desenvolvera unha adaptación de carácter medioambiental dos obxectivos da materia de Ciencias da Terra e Ambientais, para conseguir un enfoque transversal coa flexibilidade suficiente para inspirar contextos transversais nas materias da especialidade de Bioloxía e Xeoloxía e nas áreas de Ciencias da Natureza e de Coñecemento do Medio.
O profesor Francisco Anguita concretou o deseño en tres módulos aos que lle dedicará a cada un unha xornada de traballo:
Referencia: S1101071
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 07/02/2012 - 09/02/2012
Data límite de inscrición: 30/01/2012
Lugar: CAFI
Prazas: 35
Folleto informativo
O profesor Francisco Anguita concretou o deseño en tres módulos aos que lle dedicará a cada un unha xornada de traballo:
- O enfoque medioambiental dos subsistemas da Terra fluída
- O enfoque medioambiental dos subsistemas da Terra sólida
- Os condicionantes xeolóxicos da biosfera, dende a orixe da vida á sociedade tecnolóxica
Referencia: S1101071
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 07/02/2012 - 09/02/2012
Data límite de inscrición: 30/01/2012
Lugar: CAFI
Prazas: 35
Folleto informativo