Conferencia de Xosé Antón Álvarez Salgado no I Congreso Climántica
Publicado Luns 12 de Xullo de 2010 ás 00:00 en Climántica |
0 comentarios
Xa se atopa dispoñible o vídeo da conferencia de Xosé Antón Álvarez Salgado no I Congreso Climántica sobre Respostas Educativas ao Cambio Climático en Climántica TV. Na súa intervención o científico do CSIC expuxo diferentes impactos e riscos do cambio climático nos ecosistemas mariños deixando claro que os datos apuntan a que dende logo estamos ante unha situación de cambio climático con respecto a periodos anteriores, como se constata co aumento da temperatura media do aire en A Coruña (1,5 ºC en 35 anos). No mar tamén se incrementa a temperatura da auga superficial (0,8 ºC en 30 anos). A temperatura do mar ascende e tamén ascende o nivel do mesmo (16 cm nos últimos 60 anos) o que conleva ademais dos problemas ecolóxicos, aspectos socioeconómicos importantes (pensemos nas instalacións portuarias e os riscos de seguridade a medida que o nivel do mar ascende).
Respecto aos recursos mariños o cambio nos ventos afecta ao fenómeno do afloramento na primaveira-verán nas nosas costas, e polo tanto á produción das rías. Nos últimos 40 anos o periodo no que dominan os ventos do norte, tense reducido en 80 días e a intensidade media tamén se ten reducido nun 45 %. O primeiro efecto que ten esta redución é unha ralentización na dinámica de rexeneración das Rías (actualmente en 15 días cando antes tardaban 7), tamén un aumento das mareas vermellas (o dato é reflectido polo número de días que os polígonos de bateas están pechados). Isto traducido aos impactos na economía costeira é salientable. Uns datos para reflexionar son que de Galicia saen o 40 % dos mexillóns que se producen en Europa e o 20% dos mexillóns que se producen no mundo. A Ría de Arousa é o lugar do mundo onde se extrae máis proteína de orixe mariño por metro cadrado. Actualmente a productividade nas rías non está en risco, pois reciben máis nutrintes dos que son capaces de procesar, pero sí na plataforma. Non obstante de seguir a tendencia de caída na intensidade do vento, sí que entraría en risco.
Agora se están a encontrar peixes de orixe subtropical nas nosas latitudes e mesmo son especies que se comezan a pescar e comercializar, como consecuencia do quecemento das augas mariñas. Outro efecto deste quecemento é o aumento do pH das augas, a acidificación das mesmas.
As predicións do aumento do nivel do mar cara finais de século son de entre 30 cm ata os 1,20 metros por riba do actual. Cara ao 2050 o vento seguirá perdendo intensidade cos problemas asociados que conleva. A acidificación das augas irán en aumento e polo tanto cultivos como o de mexillóns se verán afectados tanto na calcificación como na menor tasa de crecemento.
Como corolario e punto de reflexión, Xosé Antón Álvarez Salgado nos recorda que o cambio climático ocorre, ocorre nos ecosistemas costeiros de Galicia e como ten repercusión ademais nos ámbitos socioeconómicos do país debemos de tomar o risco en serio e promover accións de mitigación e adaptación ao problema.