Explotacións de uranio

Unidad 2

O uranio é un elemento raro na Terra. A súa concentración media na codia terrestre é dunhas 2 partes por millón. Non obstante, en rochas ígneas ricas en sílice, coma os granitos, a concentración pode chegar a superar as 100 ppm. Quizais os xacementos máis salientables sexan os de orixe detrítica; é dicir, os grans de uranio foron erosionados no seu lugar de orixe e arrastrados posteriormente por correntes de auga para depositárense nunha conca. Deste tipo son os de Witwatersrand na República de Sudáfrica, que é ademais a rexión con maior produción de ouro do mundo, ou os de Blind River en Canadá.

A explotación destes minerais faise por medio de minería a ceo aberto ou en minería de interior mediante galerías. Debido a que a concentración de uranio é tan escasa, necesítase mover gran cantidade de material nos depósitos para chegar ao mineral, creándose enormes entulleiras de estériles.