As preocupacións do uso da enerxía nuclear

Cando nos anos 70 xurdiu con forza a enerxía nuclear como solución á crise enerxética suscitouse tamén unha forte controversia por parte da poboación pola falta de seguridade, o accidente de Chernobil, a dependencia de apoios dos contribuíntes de todo o mundo, os residuos...

Unidad 2

Hoxe en día parece que está a haber un novo rexurdir da industria nuclear internacional coa xustificación do incremento da demanda; a preocupación polo cambio climático e a dependencia exterior do subministro de combustibles fósiles coinciden tamén para reforzar a opción nuclear.

No entanto, así como os problemas da falta de profesionais e necesidades de fortes apoios económicos se poderían reducir, a problemática dos residuos e a protección da saúde e seguridade pública seguirán sendo sempre preocupantes.

Considérase residuo radioactivo calquera material ou produto sobrante para o que non está previsto ningún uso, que contén ou está contaminado con radionucleidos en concentracións superiores ás establecidas polas autoridades competentes MITEC ( Ministerio de Industria, Turismo e Comercio), previo informe do CSN (Consello de seguridade nuclear).

Os residuos radioactivos pódense clasificar de moi diversas maneiras en función das súas características:

  • Estado físico (é dicir, se son gases, líquidos ou sólidos).
  • Tipo de radiación que emiten (alfa, beta ou gamma).
  • Período de semidesintegración (vida curta, media ou longa).
  • Actividade específica (baixa, media, alta).

É normal velos clasificados en residuos de baixa, media e alta actividade, e aínda que nalgúns países se xestiona cada tipo por separado, en España fanse só dúas categorías: os de baixa e media actividade, por unha banda, e os de alta por outro.

Os residuos de media e baixa actividade proceden da minería, do ciclo de combustible e da irradiación de substancias en instalacións nucleares e radioactivas. Son menos perigosos que os residuos de alta actividade, pero moito máis voluminosos. Un reactor medio vén xerar uns 6220 m3 ao longo da súa vida.

A vida dos residuos de media e baixa actividade varía moito duns a outros: vai dunhas decenas de anos ata centos de miles de anos. Os residuos de media actividade e longa vida son os materiais en contacto co combustible os reactores.

Un exemplo importante e paradigmático constitúeo o grafito radioactivo dos reactores refrixerados por gas e moderados por grafito, como o de Vandellós I. No grafito atópase presente, sobre todo, o carbono-14, un isótopo radioactivo cun tempo de semidesintegración de 5370 anos, o que fai moi problemático o seu almacenamento co resto dos residuos de media e baixa actividade.