A importancia das medidas

Os residuos de alta actividade constitúen o 1 % do total, pero conteñen o 95% da radioactividade xerada. Son os restos que quedan do combustible usado nas centrais nucleares e as cabezas nucleares procedentes das bombas e mísiles atómicos. Son os máis perigosos e os que posúen unha vida máis longa. Emiten radiacións durante miles e miles de anos e teñen unha toxicidade moi elevada.

En España son xerados principalmente nas centrais nucleares (das que agora hai 8 en funcionamento), xa que o combustible de uranio empregado nestas se converte tras a súa utilización en residuo radioactivo de alta actividade.

Os residuos de alta actividade son tóxicos durante uns 250 000 anos; pensa no que isto significa nunha escala de tempo de xeracións vindeiras que recibirán o legado dos residuos radioactivos.

Unidad 2

A radioactividade nin cheira, nin se ve, nin se oe. Aínda que se pode medir con certo tipo de contadores, é imposible suprimila.

Inicialmente, mediuse soamente a actividade da mostra ou porción de materia, que se expresa en desintegracións por segundo. As unidades definidas foron o Curie e Rutherford.

1 Curie é a actividade que corresponde a 1 gramo de radio e produce 3,7•1010 desintegracións/segundo. 1 Rutherford corresponde a un millón de desintegracións / segundo.

Fíxose importante coñecer, ademais do número de partículas emitidas, tamén a enerxía total que teñen e a enerxía cedida nun percorrido a través da materia. A unidade de exposición é o Roentgen. O Roentgen definiuse medindo a ionización de aire atravesado por unha radiación.

1 Roentgen cando o aire exposto á radiación se ioniza cunha carga eléctrica total de 2,58 •10 – 4 culombios por quilo de aire (medido en condiciones normais).

Debes saber que as dúas terceiras partes da dose de radiación ionizante recibida por un home europeo corresponden á radioactividade de orixe natural (do espazo e do Sol) e unha cuarta parte ás irradiacións por servizos médicos (raios X).

Como a medida dos valores de exposición só se pode facer en gases e se desexaba ter unha maneira de medir os efectos biolóxicos e físicos da radiación sobre a materia viva, definiuse a dose absorbida. Ademais, para medir a enerxía absorbida e o número de ionizacións que produce ao seu paso a radiación, introduciuse outra unidade: o rad e o gray:

1 rad (radiation absorbed dose) equivalen a 10–5 J absorbidos por cada gramo de materia exposta.
No SI a dose de radiación absorbida é o gray = J/kg.
A súa equivalencia é 1 gray = 100 rad.

Polo tanto, a radiación absorbida (dose absorbida) multiplicada polo factor q dará unha dose equivalente de enerxía en calquera tipo de radiación.

Unidad 2

Defínese o rem como a radiación de 1 rad exclusivamente de radiación gamma; ou a radiación de 0,1 rem de radiación alfa. rem = rad•q

No SI se define o Sievert (sv) = 100 rem (gamma)
Sievert (sv) = 1 gray de radiación gamma.
Sievert (sv)= 1 gray · q

O Roentgen, o Rad, e o rem son unidades tradicionais.
O Culombio/kg, o Gray (Gy), e o Sievert (Sv) son unidades do Sistema Internacional.

A dose absorbida pode referirse a todo o corpo ou a un órgano en concreto; pódese referir a unha dose puntual ou expresar a suma das doses acumuladas nun período de tempo.