A influencia da constatación do cambio climático sobre a enerxía nuclear

Como xa comentamos anteriormente, ante a preocupación polos efectos do cambio climático e a certeza de que a era dos combustibles fósiles baratos toca á súa fin, os defensores das centrais proclaman que a enerxía nuclear é necesaria para afrontar o declive na subministración de combustibles fósiles e que ademais non emite gases de efecto invernadoiro como o CO2. A xustificación desta hipótese é que, dado que as altas temperaturas que fan funcionar unha central nuclear non se orixinan nun proceso de combustión (son o resultado da calor xerada pola fisión do átomo), a industria nuclear pode garantir que as centrais non emiten CO2 nin outros gases de efecto invernadoiro.

Coñecendo o ciclo de funcionamento dun reactor nuclear, poderiamos calcular o CO2 (o 2 en subíndice) emitido ao longo do mesmo.

O funcionamento dunha planta nuclear depende dunha infraestrutura industrial que se basea nun complexo circuíto. Estas centrais funcionan cun combustible, o uranio, que non é demasiado abundante na Terra, o que implica complexas explotacións mineiras, grandes instalacións industriais para fabricalo e longas viaxes entre cada etapa do ciclo.

Minería → Explotación mineira de Uranio → Produción de mineral de uranio concentrado → Conversión do mineral de uranio concentrado en hexafluoruro de uranio (UF6) → Enriquecemento do UF6 → Fabricación do combustible → Transporte á central nuclear → Almacenamento dos residuos.

Unidad 2