A situación actual da enerxía nuclear no mundo ea súa ralación co cambio climático

O 84% das reservas mineiras estan en 6 países do mundo. O 78 % do total das reservas de uranio pertencen a 7 compañías.

Fai falla transportar o uranio desde as minas ata os poucos países con capacidade industrial para fabricar o combustible: O 99 % dos concentrados fabrícanse en 12 países, e o 92 % do proceso de enriquecemento faise en 4 compañías.

O combustible hai que levalo ás 439 centrais nucleares repartidas por Europa, Asia, África, América…

Unidad 2

Recentemente realizouse o cálculo das emisións de gases efecto invernadoiro do ciclo de funcionamento nuclear a partir da análise do caso concreto de Ascó 2 (Tarragona). Para este cálculo, fíxose a análise das emisións de CO2 da central nun período de catro anos, o tempo que dura unha carga completa do combustible nuclear. Calculouse a enerxía necesaria para fabricar 75 toneladas de combustible, os transportes necesarios, o funcionamento da propia central e os traslados dos residuos de baixa e media actividade restantes ata o almacén. Nesta análise non se contemplou o ciclo de vida dunha central nuclear (construción, mantemento, desmantelamento…)

O resultado das emisións nese período foron unha media de 970 000 toneladas de CO2. Isto é entre 150 e 300 kg de CO2 por megawatt de enerxía nuclear.

As centrais nucleares non poden substituír o carbón, o petróleo nin o gas. Se substituísemos só o 10 % da enerxía fósil por enerxía nuclear, no ano 2050 terían que construírse máis de 1000 centrais nucleares novas (actualmente hai aproximadamente 440 centrais nucleares todo o mundo). A construción destas centrais —se fose factible— tardaría varias décadas. As reservas de uranio esgotaríanse rapidamente. Incluso a Organización Internacional da Enerxía Atómica, OIEA, recoñece que a enerxía nuclear non se podería desenvolver coa suficiente rapidez como para frear o cambio climático.

A solución é outra: os diversos escenarios da enerxía mundial indican que o problema climatolóxico só se pode solucionar coa redución, sumada á utilización de enerxías renovables e técnicas enerxéticas eficientes e económicas.