Contaminación na extracción

Unidad 2

Os principais problemas de contaminación derivados da extracción do petróleo nos campos petroleiros mariños son os vertidos ao océano, que se poden producir por fugas durante a perforación ou pola surxencia eruptiva cando se atopa de xeito inesperado acumulacións de hidrocarburos a altas presións. Isto aconteceu en 1979 no Golfo de México, onde parte do petróleo ardeu e outro alcanzou as costas, contaminando as praias do litoral mexicano e estadounidense.

Durante a Guerra do Golfo Pérsico (1990-91) o exército iraquí prendeulles lume a máis de 700 pozos en Kuwait, que arderon cerca de seis meses consumindo millóns de bidóns ao día. Ao mesmo tempo tamén se vertían importantes cantidades de cru ao Golfo. A catástrofe ecolóxica derivada destas accións foi de enormes dimensións, provocou a morte de innumerables especies mariñas e devastou o litoral, que tardará entre uns 80 e 100 anos en recuperar a súa biodiversidade.

Unidad 2