Riscos de contaminación na trituración pulverización e combustión

Unidad 2

O carbón que se utiliza nas centrais térmicas pasa por un proceso previo de trituración e pulverización tras o cal é introducido nas cámaras para queimar. Os compoñentes orgánicos destrúense durante a combustión, pero os minerais sofren unha transformación dando lugar a residuos, como son as cinzas voantes e as escouras. Estas últimas acumúlanse no fondo da cámara de combustión mentres que as cinzas, que poden ser desprazadas polos gases xerados na combustión, se recollen nunhas moegas especiais para seren transportadas cara ás zonas de almacenamento. Na composición destas cinzas entran elementos contaminantes como poden ser o Cr, As, S, etc., polo que o control do almacenamento debe ser estrito para evitar a liberación destes elementos ao medio co risco de contaminación das augas subterráneas.