Riscos por labores mineiras de interior

A minaría do carbón desenvólvese tanto en explotacións de interior como de superficie (minaría a ceo aberto). Nos labores mineiros de interior (como a maioría dos da conca asturiana), o carbón extráese principalmente mediante a utilización de máquinas de corte que descargan o material en fitas transportadoras. Normalmente, o grosor mínimo para que unha capa sexa explotada é duns 60 cm. Este tipo de minaría implicou desde sempre un risco moi grande, debido a desprendementos e explosións nos pozos, e mesmo hoxe en día as cifras de mortes por esta actividade son moi elevadas. Nos últimos anos a minaría do carbón en Ucraína rexistraba uns 300 ou 400 mortos ao ano. No 2000 nunha soa explosión perderon a vida uns 80 mineiros.

Unidad 2