Riscos de contaminación na trituración pulverización e combustión

Unidad 2

Debido á gran produción de enerxía eléctrica procedente das centrais térmicas, o volume de residuos producidos neste tipo de instalación é considerable. Por cada tonelada de carbón xérase unha media de entre 80 e 250 kg de residuos, sempre dependendo do tipo de carbón utilizado. China, Rusia e EE UU son, por esta orde, os maiores xeradores de residuos procedentes da industria do carbón.

Non obstante, a reutilización destes residuos en diversos ámbitos estase a converter na mellor saída para evitar o almacenamento. Así, o principal destino son os materiais de construción en obras de enxeñaría civil, tanto en forma bruta (materiais de recheo en minaría, construción de camiños) como de forma aglomerada (aditivos en formigón e cemento, na industria cerámica, etc.).

As centrais térmicas son tamén os principais causantes da choiva ácida xa que nestas instalacións se queiman carbóns con contidos significantes de xofre, o que provoca a emisión de importantes cantidades de óxidos deste elemento. O efecto desta choiva ácida deixase notar na acidificación das augas continentais, en danos na vexetación, na deterioración dos monumentos e edificacións, etc., tal e como veremos ao remate deste capítulo.