La evolución crea islas de orden aumentando los océanos de desorden

unidad2

En xeral, para un nivel trófico de heterótrofos (n), este inxire (In) parte da biomasa da que dispón o nivel trófico anterior na súa Produtividade Secundaria (Pn-1). A cantidade non inxerida (Pn-1-In) morre e descomponse para diseminarse en forma de calor. Da enerxía inxerida coa comida (In), parte non entra no metabolismo celular (non é asimilada) e, polo tanto, expúlsase polas feces dese nivel trófico (Fn), e tamén será descomposta e polo tanto disipada en forma de calor. Do inxerido, pérdese na respiración das células unha parte da enerxía asimilada (Rn) e a restante acumúlase nos enlaces de C responsables do aumento da biomasa dese nivel trófico e que, polo tanto, van supoñer a Produtividade Secundaria dese nivel trófico (Pn), que contén a enerxía dispoñible para o seguinte nivel trófico (n+1), que xa serán carnívoros de primeira ou máis ordes, que inxerirán parte dela. Unha forma de valorar a eficiencia destas transferencias enerxéticas é calculando a eficiencia ecolóxica (EE) do nivel trófico como EEn = Asimilado por n/Asimilado por n-1;

Aínda que nos sexa custoso aceptalo, os datos das eficiencias ecolóxicas indican que canto máis elevada se atope unha especie na escala evolutiva e na cadea trófica do seu ecosistema, máis grande é a desorde que crea no medio. A evolución consiste en crear illas de orde á custa de aumentar os océanos de desorde. Xa que logo, debemos aceptar e recoñecer a segunda lei da termodinámica na vida e no noso contorno humanizado para adoptarmos comportamentos enerxéticos máis acordes co Planeta.

unidad2