Publicado Venres 9 de Novembro de 2007 ás 10:24 en
Climántica |
0 comentarios
O acto tivo lugar no hotel Porta do Camiño de Santiago, onde tras unha sesión formativa para docentes e un coloquio, o director do proxecto, Francisco Sóñora, presentou o material multidisciplinar, que consta del libro “Climaeucambio” e a súa guía didáctica para profesores. O director de MeteoGalicia, Vicente Pérez situou a proposta de Meteo Escolas en relación á iniciativa ClimánticaMeteo e o responsable da área Clima de MeteoGalicia, Santiago Salsón explicou a navegación web de Meteo Escolas. O marco completo da competencia dixital presentouno a coordinadora desta materia no Equipo Climántica, Susana Vázquez.
O evento finalizou coa presentación oficial do libro na que estiveron presentes a Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, o Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández Suárez e a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño.
Publicado Luns 1 de Outubro de 2007 ás 10:07 en
Climántica |
0 comentarios
O día 14 de setembro comunicouse o proxecto Climántica no auditorio do Conservatorio de Santiago de Compostela dentro das Xornadas de Ciencia Ensino que se organizaron co motivo do Ano da Ciencia. A esta comunicación asistiron un número de docentes superior aos 200.
Publicado Venres 23 de Marzo de 2007 ás 08:47 en
Climántica |
0 comentarios
Conferencia-coloquio por Don Francisco Heras, Coordinador da Área de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental, no primeiro curso Climántica.
Pode consultar o contido desta presentación nesta ligazón.
Publicado Xoves 15 de Marzo de 2007 ás 08:30 en
Climántica |
0 comentarios
A tarde do venres 9 de marzo estivo dedicada a aspectos educativos relacionados co cambio climático. Abriu o curso Francisco Sóñora Luna, director do proxecto, quen informou aos asistentes sobre os diferentes aspectos do proxecto Climántica. Os aspectos relativos á sensibilización e participación para facer fronte ao cambio climático abordounos Francisco Heras, responsable de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente. As posibilidades da prensa como recurso expúxoas Mª Pilar Jiménez Aleixandre, catedrática de Didáctica das Ciencias da USC.
Na mañá do sábado 10 de marzo abordáronse os aspectos científicos que ampliaron os conceptos básicos que forman parte da primeira unidade didáctica do proxecto. Os conceptos relativos aos ecosistemas terrestres presentounos Francisco Díaz - Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía e Química agrícola da USC e asesor científico do proxecto. Os conceptos relativos ao medio mariño tratounos Xosé Antonio Álvarez Salgado, investigador científicos do Centro Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Antes da comida do curso, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández Suárez, situou o proxecto Climántica dentro do Plan da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para facer fronte ao cambio climático.
A sesión da tarde do sábado dedicouse a presentar un exemplo de unidade multimedia e a valorar aspectos didácticos relacionados coa primeira unidade