As centrais nucleares termoeléctricas

O proceso de fisión nuclear libera unha enorme cantidade de calor, que nunha central nuclear se utiliza para facer ferver a auga; o vapor impulsa unha turbina que, ao xirar, acciona un xerador e este produce a electricidade.

Os neutróns son controlados para que non explote o reactor mediante unhas barras de control, que ao introducirse absorben neutróns, diminuíndose así o número de fisións, co cal, dependendo de cantas barras de control se introduzan, xerarase máis ou menos enerxía. Normalmente introdúcense as barras de tal forma que só se produza un neutrón por reacción de fisión, controlando desta forma o proceso de fisión. Se todas as barras de control son introducidas, absórbense todos os neutróns, co cal se pararía o reactor. O reactor refrixérase para que non se quente demasiado e funda as proteccións, converténdose deste xeito nunha bomba atómica ata que se pare, xa que a radiación fai que o reactor permaneza quente.

Unidad 2

Un reactor nuclear é unha instalación na que se produce unha reacción de fisión nuclear de modo controlado.

Os reactores nucleares son instalacións para o aproveitamento da enerxía producida pola escisión artificial dos núcleos dun elemento radioactivo. Esta escisión, ou fisión nuclear, obtense bombardeando con neutróns os núcleos do elemento.