Smog fotoquímico

A verba smoke é mestura de smoke e fog, fume e néboa. Emprégase para designar a contaminación atmosférica que se produce nalgunhas cidades como combinación de determinadas circunstancias climatolóxicas cos contaminantes. Polo xeral, o smog fórmase cando o fume de chemineas se mestura con néboa.

O smog fotoquímico fórmase cando os fotóns da luz solar chocan con moléculas de diferentes tipos de axentes contaminantes na atmosfera. Os fotóns fan que se produzan reaccións químicas. As moléculas de contaminación convértense noutros produtos químicos nocivos, como xa vimos no laboratorio.

Os químicos presentes no smog inclúen óxidos de nitróxeno, compoñentes orgánicos volátiles (COV), ozono troposférico e nitrato peroxiacetílico, PAN.

O ozono troposférico é a substancia principal neste grupo, aínda que tamén outros destes compostos actúan como oxidantes na atmosfera.

O ozono, O3, é unha molécula formada por átomos de osíxeno. O ozono é un gas de color azulada que ten un forte olor moi característico que se adoita notar despois das descargas eléctricas das tormentas.

O ozono troposférico, ozono que se atopa na troposfera, xunto á superficie da Terra, é un importante contaminante secundario. O que se encontra na zona máis próxima á superficie fórmase por reaccións inducidas pola luz solar nas que participan, principalmente, os óxidos de nitróxeno e os hidrocarburos presentes no aire. É o compoñente máis daniño do smog fotoquímico e causa danos importantes na saúde cando está en concentracións altas, ademais de frear o crecemento das plantas e as árbores.

Na parte alta da troposfera adoita entrar ozono procedente da estratosfera, aínda que a súa cantidade e a súa importancia son menores que o da parte media e baixa da troposfera.

En España, como en outros países mediterráneos, durante o verán danse condicións meteorolóxicas favorables para a formación de ozono: altas temperaturas, ceos despexados, elevada insolación e ventos baixos, especialmente na costa mediterránea e sur da península. En bastantes ocasións ao longo do ano é normal superar, en numerosas estacións de control, os límites marcados pola Directiva da Unión Europea de protección á saude e de protección á vexetación entre outros.

Unidad 2