As dúbidas do uso de combustibles de biomasa

A caída das reservas petrolíferas vai facer que estes combustibles sexan cada vez máis competitivos, pero o desenvolvemento destas novas tecnoloxías está cheo de dúbidas e cuestións sen resolver.

A transición enerxética que estamos iniciando desde o mundo dos combustibles fósiles, cada vez máis caros e escasos, ata as fontes renovables non estará exenta de dificultades e conflitos. Algúns científicos famosos incluso postulan a opción nuclear como paso intermedio. Pero o que si parece seguro é que haberá que diversificar as fontes enerxéticas para satisfacer as necesidades dunha poboación en aumento e aspirar a unha maior equidade na subministración.

O escenario enerxético futuro ofrécese, xa que logo, como unha combinación de minicentrais nos ríos, parques eólicos nos montes e cultivos enerxéticos nos campos para subministraren enerxía ás industrias e cidades dotadas con sistemas de coxeración e dispositivos solares.

Neste abano de recursos tamén haberá que incluír a enerxía do mar e a enerxía da terra.

Unidad 2