A obtención de electricidade mediante combustión en Galicia

Aínda que a industrialización de Galicia está por debaixo da de moitas comunidades autónomas, podemos comprobar o que significou esta sobreexplotación das concas hidrográficas e como unha vez completas todas as posibilidades de grandes encoros se desenvolveron centrais térmicas na segunda metade do século XX: dúas de carbón, Meirama e As Pontes de García Rodríguez, e unha de fuel, Sabón.

A central térmica das Pontes de García Rodríguez é a maior unidade xeradora do sistema eléctrico español, cunha potencia instalada de aproximadamente 1400 MW, o que demostra a aposta que se fixo na segunda metade do século XX por centrais térmicas capaces de produciren moita potencia eléctrica. Esta central consumía lignito pardo dunha mina adxacente, rico en xofre. A súa eficacia é dun 35% e produce anualmente 9100 GWh de electricidade.

Unidad2

Esta central é un exemplo moi significativo para ver cómo o paso da dínamo hidráulica á vinculada a turbinas de vapor das centrais térmicas supuxo un aumento das emisións de gases invernadoiro, cunha importante contribución aos niveis que nos preocupan na actualidade.

Unidad2

Unidad2