Desprazamentos e transporte

Empregamos a enerxía para desprazarnos dun lugar a outro, tanto por aire como por terra e por mar, e para transportar todo tipo de elementos, tanto de forma local (distribución de produtos en distancias curtas), como global; é dicir, por todo o planeta.

Unidad 2

É común atopar nas nosas froitarías kiwis de Nova Zelandia, bananas de Costa Rica, mazás de Chile... gran parte das lentellas e garavanzos proveñen de América do Norte, os espárragos de Perú, os téxtiles de China e de India... A maior parte do que consumimos provén doutras partes do mundo. Esta globalización do mercado apóiase no transporte a grande escala, que leva asociado complexas infraestruturas e un gran consumo enerxético.

Unidad 2

Son o bioetanol e o biodiésel unha solución ao problema enerxético do transporte?

Os biocombustibles preséntanse no mercado como a grande alternativa ao petróleo. Por un lado, diminúen a dependencia enerxética fronte a este combustible fósil que se está a esgotar. Por outro lado, se se fabrican a partir de plantas, a súa produción non entraña grandes dificultades, e se se producen a partir de aceites usados, ademais se lle estará a dar saída a un residuo. Analizados desde un punto de vista ambiental, preséntanse como a solución ideal para diminuír a emisión de CO2 dos vehículos e poder manter así as nosas dependencias actuais do transporte sen incrementar o efecto invernadoiro. Pero... son os biocombustibles unha solución real?