Boas prácticas no transporte para reducir a pegada

O transporte é o responsable do 25% das emisións de gases de efecto invernadoiro, isto indica que é o principal causante do cambio climático.

Á hora de desprazarnos, debemos valorar as opcións de que dispoñemos e escoller a máis eficiente. Para as distancias curtas podemos ir a pé ou en bicicleta (está demostrado que a bicicleta é o transporte máis eficiente para moverse por unha cidade, tanto en relación á rapidez, como á emisión de GEI, gasto enerxético e gasto económico).

Para as distancias mais longas podemos empregar o transporte público sempre que sexa posible. Nas distancias longas o ferrocarril é unha mellor opción enerxética que o avión.

Unidad 2

Unidad 2

Se túa opción é coller o coche, interesa que teñas presente as seguintes boas prácticas:

  • Compartilo con máis xente que vaia ao mesmo sitio.
  • Conducir de forma eficiente (isto pode reducir o consumo ata nun 25%) empregando marchas longas, velocidade uniforme, evitando aceleróns e paradas bruscas, etc.
  • E cando teñas que comprar un coche, ten en conta a clasificación enerxética, o consumo de combustible e as emisións.
  • Tal e como explicaremos máis adiante tamén é importante reducir os desprazamentos ao mínimo; para isto debemos darlles prioridade ás tendas próximas, fronte aos centros comerciais afastados de onde vivimos, e á compra de produtos locais fronte a aqueles que veñen de máis lonxe.

O avión é o medio de transporte con maior emisión de CO2 por km e pasaxeiro, podendo chegar a ser ata 10 veces superior á do tren ou ao do autobús. Unha viaxe Madrid-Londres de ida e volta en avión xera 811 kg de CO2.