Investigación sobre a fusión como solución

Unidad 2

Os reactores de fusión que xeran enerxía por unión de núcleos atómicos aparecen como técnicas enerxéticas definitivas para o xénero humano, xa que a enerxía se produce polo mesmo mecanismo que a produce o Sol. Os isótopos de hidróxeno (deuterio e tritio) que se necesitarían para o proceso de fusión poderíanse obter da auga do mar.

Na actualidade, esta opción estase a investigar no acelerador de partículas ITER (Reactor Experimental Termonuclear Internacional), que despois de case 20 anos acaba de obter a aprobación definitiva. Este proxecto ten 3 grandes obxectivos:

  1. Demostrar que un gran tokamak é capaz de controlar a fusión en helio de dous isótopos do hidróxeno (deuterio e tritio) durante o tempo suficiente para xerar 10 veces a enerxía que consome.
  2. Ensaiar métodos que permitan utilizar neutróns rápidos creados na reacción para xerar tritio, un dos combustibles.
  3. Integrar as diversas técnicas necesarias para lograr unha central eléctrica baseada na fusión nuclear.

Unidad 2

Os obxectivos son moi ambiciosos de cara a conseguir cantidades moi grandes de enerxía con emisións cero. A complexidade do reto tecnolóxico fai dubidar de se a fusión fará unha gran contribución no século XXI para o reto do cambio climático ou se será unha solución para o século XXII e, por conseguinte, distante deste gran reto do século XXI.