O proceso de migración dende a rocha nai ata as rochas almacén

A cantidade de materia orgánica que se atopa soterrada cos sedimentos é moi escasa; representa tan só o 1% da producida. Deste xeito, unha vez formado, o petróleo ten que migrar desde o seu lugar de formación ao que se coñece como “rocha nai” (lutitas e margas, principalmente), a través de formacións rochosas porosas e permeables, como areíscas ou calcarias, ata o lugar de acumulación (“rochas almacén”). O último paso para que a acumulación do hidrocarburo alcance niveis rendibles de explotación é que se formen “trampas”, é dicir, algún obstáculo que o confine e evite unha nova migración. Estas trampas poden ser estruturais (pregamentos, faias) ou estratigráficas (formacións impermeables que cobren e selan as rochas porosas). Moita xente alberga a idea errónea de que o petróleo forma grandes lagos subterráneos. Isto non é certo. O petróleo aparece aloxado nos poros das rochas, sendo as areíscas os mellores almacéns para os hidrocarburos.

unidad 2