A importancia do uranio na enerxía nuclear

O uranio é o combustible que se utiliza nas centrais nucleares para a produción de enerxía nuclear. O U-238 é o isótopo natural do uranio máis abundante na natureza, pero, non obstante, nos reactores utilízase o U-235 (que tan só se atopa nun 0,7 %) debido a que resulta máis doado controlar a súa fisión. Os minerais dos que se extrae o uranio conteñen menos do 1 % de (U3O8), que se concentra en masas de óxido que son procesadas para o seu enriquecemento en U-235 ata alcanzar aproximadamente un 4 % ao fabricar as barras de combustible para as centrais.

A fisión dos núcleos dos átomos de uranio libera unha cantidade inxente de calor que é aproveitada para xerar enerxía eléctrica. Unha central nuclear de auga a presión (como as de Ascó e Almaraz) de 900 MW de potencia consegue con 26 tn de uranio enriquecido xerar a electricidade equivalente á obtida por unha central térmica, que queima 1,8 millóns de toneladas de carbón ou 1,2 millóns de tn de fuel.

Unidad 2