Por que nos preocupan os residuos nucleares?

As consecuencias da exposición a unha radioactividade elevada son fatais para o ser humano. Está probado que pode causar a morte, e en doses máis baixas provoca cancros, enfermidades e trastornos xenéticos que afectan moi seriamente á descendencia do afectado.

Nos sesenta anos de existencia da enerxía nuclear, e a pesar dos enormes investimentos, ninguén conseguiu dar cunha solución satisfactoria ao problema dos residuos radioactivos de alta actividade.

De todos os problemas asociados ao uso da enerxía nuclear, que aconsellan o seu inmediato abandono, este pode ser o determinante. Se ademais estes residuos contribúen á proliferación de armamento nuclear, o problema complícase.

Estes letais residuos están a acumularse nas centrais nucleares de todo o mundo. En España tamén.

A industria nuclear non sabe que facer con eles. Desesperada polo enorme volume dos residuos radioactivos e o elevado custo da súa xestión, tratou e trata de resolver o seu problema de diversas formas, que son solucións non satisfactorias.

Unidad 2