Exemplos de solucións insatisfactorias

En España, actualmente, o cemiterio de El Cabril, situado na Sierra de Hornachuelos (Córdoba), é o cemiterio nuclear de residuos de baixa e media actividade, a pesar de que nun principio se dixo que alí non se almacenarían residuos procedentes de centrais nucleares, senón só de instalacións radioactivas. Non é un sitio apropiado para instalar un cemiterio de residuos nucleares por varias razóns:

  • Atópase nunha zona sismicamente activa.
  • Está no sur, cando a maior parte das centrais están no norte, o cal aumenta os transportes.
  • Está nunha zona de alto valor natural e, ademais, na cabeceira da conca do Guadalquivir, cuxas augas se contaminarían en caso de escape.
  • Está situado xunto a dous encoros que fornecen de auga a gran parte dos cidadáns de Córdoba e provincia.

Fóra de certas cantidades que se enviaron a reprocesar ao Reino Unido nos anos 70, e do combustible utilizado por Vandellós I —pechada definitivamente tras o accidente de 1989—, que tamén se enviaba a Francia con igual finalidade, os residuos de alta actividade almacénanse, de momento, e de modo transitorio, nas propias centrais nucleares, nunhas instalacións coñecidas como “piscinas de residuos”.

Unidad 2

En setembro de 1987, en Goiânia, Brasil, un po azul (Cesio 137), un material altamente radioactivo que debería estar almacenado baixo estreita vixilancia afectou a 300 persoas.

Fugas e problemas xeolóxicos en cemiterios de residuos de baixa actividade (residuos altamente radioactivos) dos Estados Unidos e o de Carlsbad (Novo México) .

Accidentes moi graves nos almacéns radioactivos rusos a partir de 1948; aínda en 1991 permanecen na zona doses radioactivas mortais.

En 1973 na Reserva de Hanford (EE UU), a pesar dunha segura construción con formigón reforzado cunha aliaxe de aceiro ao carbono no fondo e nos lados, e de estar afundido no chan cuns dous metros de terra sobre o seu teito en forma de cúpula, un tanque que contiña residuos radioactivos de alta actividade procedentes da planta de reprocesado de combustible Purex cuns 1,5 millóns de litros, deixou escapar ao chan máis ou menos 435 000 litros de líquido absolutamente radioactivo. A fuga era a décima rexistrada en Hanford e non sería a última.

En 1978, na rexión soviética de Cheliábinsk, produciuse criticidade nunha planta de tratamento ou almacenamento de residuos radioactivos.

Probablemente esta catástrofe tivo lugar en 1957 pero foi silenciada para non alertar contra o programa nuclear.