O gas natural, último vector do século XX

O gas natural é o último vector explotado no século XX. En moitos sentidos considérase o combustible fósil ideal, e utilízase para producir electricidade en centrais con turbinas de gas que son compactas, moi eficientes e que poden construírse cerca de núcleos de poboación, aproveitando a distribución de gas cidade para producir electricidade e calor.

O seu principal compoñente é o metano, o máis simple dos hidrocarburos, cun só átomo de carbono, polo que para a mesma cantidade de enerxía que o carbón e o petróleo, a combustión de metano produce só a metade de CO2, polo que nos últimos lustros se veu impulsado o seu uso polo Protocolo de Kioto. Pero o gas natural ten riscos como ocorre no caso das fugas, axundanto a incrementar o problema. Se as fugas supoñen o 4%, o efecto invernadoiro é máis de 3 veces superior que o de queimar carbón. Este risco é maior, se se ten en conta que nas zonas por onde pasan os condutos de gas é doado que se produzan ataque e fugas. Ademais, crese que as reservas de gas a este nivel de uso non darán para moito máis de 20 anos.

Unidad2