Unha enerxía con historia

Quizais a máis convencional das enerxías renovables sexa a enerxía hidráulica. A utilización enerxética do ciclo hidrolóxico remóntase aos albores da Humanidade, aínda que os seus usos como fonte de electricidade son moito máis recentes. Na actualidade distínguese entre grandes hidroeléctricas e minihidráulicas, estando o límite nos 5000 KW de potencia instalada.

As minicentrais xogaron un gran papel na electrificación das aldeas e lugares máis remotos de Galicia e, aínda que moitas quedaron anticuadas e foron abandonadas, está volvendo o interese por elas.

Unidad 2