A enerxía do Mar

Tivo tamén a súa importancia histórica e aínda nos queda en Galicia algún dos vellos muíños ou “aceas de maré”, que se usaban para triturar e moer o gran. Na mesma toponimia detéctase a súa importancia pasada (ex. Acea da Má, preto da Coruña). Na actualidade pénsase máis no aproveitamento enerxético das ondas que das mareas, estimándose que para o ano 2050 podería chegarse en España a un máximo de potencia instalada de 84,4 GW, que darían conta dun 105,7% da demanda eléctrica estatal.

Unidad 2

Funcionamento dun campo de boias para o aproveitamento da enerxía das ondas:

  • Colocación das boias ancoradas no fondo mariño.
  • A enerxía cinética das ondas move as boias, o que impulsa un eixo, que acciona unha bomba de fluído.
  • O fluído chega á turbina e , ao expandirse, provoca a súa rotación e a posterior produción de electricidade nun xerador emparellado a ela.

Para o ano 2008 hase construír na costa galega unha plataforma flotante, de 220 m por 50 m, sobre a que repousarán entre 6 e 12 boias conectadas cos correspondentes sistemas para a obtención de enerxía. Crese que producirá a enerxía eléctrica equivalente ao consumo de máis dun milleiro de familias. Ademais, tamén se pode usar para desalgar auga mariña ou producir hidróxeno.

Unidad 2