Logo as cadeas de carbón oxidanse para aportar a enerxía da vida

Tamén proporcionan a enerxía vital que necesita o propio organismo fotosintetizador (autótrofo) para as súas actividades vitais. Por outra banda están os organismos heterótrofos, como os seres humanos, que temos que alimentarnos doutros por non sermos fotosintetizadores, e que en última instancia recollemos os nutrientes das cadeas de carbono elaboradas a partir da fotosíntese, polo que nos alimentamos dos vexetais, ou doutros organismos que se alimentan deles (herbívoros).

unidad02

Estas cadeas de carbono rómpense no proceso da respiración celular, que ocorre tanto nas células dos vexetais como nas dos organismos non fotosintetizadores. A liberación da enerxía posibilita que as células se manteñan con vida, que realicen as súas funcións, o cal, no caso das células musculares, ten como obxectivo que realicen o traballo que fai posible o desprazamento.

Estas cadeas de carbono da biomasa tamén se poden romper á marxe da respiración celular, directamente por combustión, como lle sucedería á biomasa dun bosque nun incendio forestal, ou ben poden quedar soterradas polos seres vivos e sen descompoñer, sufrindo lentas transformacións físicas e químicas ao longo de miles ou millóns de anos, para formar as reservas de carbón, petróleo ou gas.