O laboratorio na atmosfera

Nun laboratorio realízanse reaccións químicas, que son procesos nos que se forman substancias novas (produtos) a partir dunhas substancias orixinais (reactivos).

Unidad 2

Imaxina: a atmosfera é como un gran laboratorio onde diferentes substancias que a compoñen, máis outras que o ser humano vai engadindo por diferentes fontes, van mesturándose, reaccionado e dando lugar a diferentes produtos.

Os reactivos no gran laboratorio da atmosfera van ser os propios compoñentes, máis os diferentes focos de contaminantes primarios que darán lugar aos produtos que son os contaminantes secundarios.

Os contaminantes primarios e secundarios darán lugar ao xa coñecido aumento do efecto invernadoiro que xa vimos, pero tamén á choiva ácida ou ao smog fotoquímico.

Unidad 2

Composición da atmosfera.

A atmosfera é un sistema complexo, dinámico e fráxil. Está composta nun 99% por gases de nitróxeno, N2 (78’1%) e osíxeno, O2 (20’9%); o 1% restante é vapor de auga, H2O (g) e outros gases como argón, neón, helio ou CO2.