Emisión dos productos

Xa temos visto moitos gases participantes no laboratorio da atmosfera, pero como funciona esa atmosfera para que se consigan todas esas reaccións das que falamos anteriormente?

O proceso neste laboratorio comeza ao depositárense na atmosfera os contaminantes e pode continuar pola permanencia destes no medio gasoso, onde van evolucionar e viaxar en función das propiedades dos compostos e condicións ambientais. Así pois, as emisións dos produtos no laboratorio da atmosfera comezan cando todas as substancias pasan a atmosfera despois de deixar as fontes das que proceden.

Unha vez producida a emisión, os compostos distribúense pola atmosfera segundo un proceso de dispersión que, principalmente, depende de dous tipos de factores:

  • Específicos do contaminante: velocidade de saída, temperatura, forma, tamaño, etc.
  • Meteorolóxicos: velocidade do vento, gradiente de temperatura do aire, turbulencias atmosféricas.

unidad 2

As zonas anticiclónicas aprécianse nas fotos satélites como grandes áreas sen nubes. A nivel local identifícanse moi ben os días despexados nos que o fume non ascende