De que está formado o carbón?

Do mesmo xeito que as rochas están formadas por distintos compoñentes, o carbón consiste nunha mestura de compoñentes orgánicos –denominados macerais– e inorgánicos (fases minerais), que proceden da acumulación nas concas sedimentarias dos restos vexetais e da materia mineral. Este combustible fósil, a diferenza do petróleo, amosa evidencias inequívocas da súa procedencia orgánica. En moitos casos é posible observar restos de follas, esporas, etc., que mediante estudos paleobotánicos nos poden aproximar ás especies vexetais das que proceden.

Unidad 2