De que está formado o petróleo?

A palabra petróleo provén do latín petra (rocha) e oleum (aceite). Recibiu este nome porque os primeiros que o descubriron observaron que zumegaba das rochas. O petróleo consta de diferentes compostos hidrocarbonados en estado líquido, dunha densidade menor que a da auga. Ademais, xunto co petróleo atópase o gas natural, composto por moléculas de hidrocarburos lixeiros en estado gasoso. Este gas natural é principalmente metano (99%). Outra diferenza entre o petróleo e o gas é que, mentres o primeiro está formado case na súa totalidade por materia orgánica atrapada en sedimentos mariños, o gas natural pode atoparse tanto en rochas mariñas coma terrestres.

Unidad 2