Dispersión dos prodcutos

Como funciona realmente esta dispersión?

A estabilidade da atmosfera depende da temperatura. Unha condición atmosférica estable é aquela na que os movementos verticais tenden a diminuír co tempo. E é inestable cando os movementos verticais se amplifican co tempo.

Os movementos verticais poden ser producidos por efecto do vento e da densidade do aire (que depende da temperatura), entre outros.

Isto fai que durante o día na capa superficial da atmosfera, dependendo do tipo de superficie e da cantidade de enerxía solar, poidan experimentarse turbulencias.

Se a radiación do Sol que atravesa a atmosfera é absorbida pola superficie terrestre, a superficie quenta o aire en contacto con ela, e se este quentamento é o suficientemente grande prodúcense as turbulencias.

Estes movementos que se producen na atmosfera fan que os gases e partículas existentes na atmosfera se dispersen. Do mesmo xeito, fano os gases e partículas contaminantes emitidos polos diferentes focos.

Ademais destes gases, á atmosfera incorpórase vapor de auga mediante a evaporación desde a superficie; este é removido mediante a condensación nas nubes e posterior precipitación de forma líquida (choiva) ou sólida (neve ou sarabia).

O vapor de auga e o CO2 son os dous compoñentes máis importantes na xeración do efecto invernadoiro na atmosfera terrestre.

Unidad 2

Unidad 2