Substituirá a economía do hidróxeno a actual orde mundial?

A curto prazo, gastar menos combustible constitúe o mellor modo de frear o aumento do consumo de petróleo e daquela das emisións de gases invernadoiro dos motores de explosión, sobre todo, tendo en conta que o parque móbil actual, cifrado en 750 millóns, estará triplicado no 2050, debido sobre todo ao crecente poder adquisitivo dos consumidores chineses, indios e doutros países con economías emerxentes.

Con estas previsións, a longo prazo durante o século XXI deben aparecer vehículos de rendemento elevado e emisións cero. Sendo así, os vehículos do futuro deben alimentarse de sistemas como os dependentes das conexións da rede eléctrica e por combustible de hidróxeno.

Unidad 2

Desgrazadamente, a comercialización de vehículos eléctricos atópase coa dificultade de que nin sequera as maiores baterías acumulan enerxía suficiente para dotar os vehículos dunha autonomía equiparable á dos vehículos de gasolina.

Non obstante, os vehículos de pila de combustible combinan o hidróxeno (o combustible) co osíxeno do aire para xerar a enerxía que alimenta un motor eléctrico. Ademais, os vehículos de pila de hidróxeno ofrecen unha eficiencia varias veces maior que a dos autos de gasolina actuais e polo tubo de escape emiten só vapor de auga, co que funcionan con emisións cero. Como se pode obter o hidróxeno a partir da auga? Que produto se obterá coa combustión de hidróxeno? Por que se di que un coche de hidróxeno funciona con emisións cero? Así mesmo,

Así mesmo, a obtención do hidróxeno combustible non libera gases invernadoiro á atmosfera. A enerxía para descompoñer a auga en osíxeno e hidróxeno mediante electricidade pode obterse de células solares, turbinas eólicas, placas fotovoltaicas, centrais xeotérmicas e demais fontes renovables. Esta nova economía do hidróxeno require de I+D+i para conseguir vehículos atractivos, para desenvolver a obtención de hidróxeno en cantidades importantes a partir de enerxías renovables que permitan que un deserto se poida dotar de placas fotovoltaicas que permitan obter e almacenar en tanques o hidróxeno. Iso supón tamén desenvolver infraestruturas de distribución que ocupen os actuais sistemas de refinamento e distribución de gasolina e gasóleo.

A produción da enerxía para a electrólise podería ser tamén nuclear, aínda que o procedemento non resultaría máis barato que outro baseado en fontes renovables. Ademais, as centrais nucleares xerarían hidróxeno sen electrólise, porque a intensa calor dos reactores descompón a auga mediante un proceso termoquímico.